martes, 24 de octubre de 2017

El secreto del fuego, de H. Mankel

Bueno, empezamos un curso novo con novas e moi interesantes lecturas. Desta volta comezamos a ler o libro do autor sueco Henning Mankel, moi coñecido polas súas novelas protagonizadas polo inspector Kurt Wallander, El secreto del fuego, unha obra de superación das máis fermosas que leramos.
 Nesta obra nárrasenos a vida dunha moza dun poboado moi pobre de Mozambique chamada Sofía, que, por desgraza, ve a súa vida truncada ao pisar unha mina antipersona, pero, aínda con todo na súa contra, consegue saír cara diante. É pois, no fondo, unha denuncia das duras condicións de moitos nenos afectados polas consecuencias das guerras en África.
 O que fai esta novela tan sumamente adictiva, que fai que te metas na pel de Sofía e chegues a imaxinar como se sinte, é que este libro está baseado en feitos reais, pois o autor confirma que coñece a Sofía e que por medio desta novela quere contar a súa historia. 
 A todos conmoveunos por suposto Sofía, pero tamén algúns dos personaxes que axudaron á nosa protagonista ao longo da súa historia. 
 Para que aprendas máis do problema que sofreu a nosa protagonista, Sofía, aquí tes un documental no que se explica brevemente a situación derivada do uso de minas antipersonais en diferentes países do mundo, entre eles Mozambique.



 Por Abraham, 1º BAC

No hay comentarios:

Publicar un comentario