viernes, 3 de marzo de 2017

O único que queda é o amor, de A. Fernández Paz

Como no ano 2016 morreu Fernández Paz, os clubs de lectura do insti estamos a facerlle unha homenaxe, e claro, que mellor que lendo os seus libros, así que agora tocounos a nós.
 No libro cóntanse dez historias con personaxes distintos pero unha cousa que os une, o amor, aínda que tamén aparecen temas secundarios como os elementos sobrenaturais, a persistencia da memoria… Non aparece só amor romántico, do que Shakespeare fala nas traxedias, senón tamén o amor dun can polo seu dono, o amor adolescente, o amor correspondido, o esquecido, … porque, como ben di o título, o único que queda é o amor.
 Porén, por desgraza, foron cualificados pola opinión popular (do noso club, claro) como eslamiados e ñoños, aínda que tamén de románticos e sentimentais.
 Por Abraham Pena Vila, 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario