viernes, 3 de febrero de 2017

Un hijo, de Alejandro Palomas

No terceiro libro do club de Lectura falamos de como nos emocionou un neno pequeno que bota de menos á súa nai, como rexeitamos nun principio e logo comprendemos a un pai que parecía apartar ao seu fillo, discutimos da aspiración de Guille de ser Mary Poppins e das que, podería dicirse, son as dúas historias que se desenvolven de forma paralela no libro e que fan que o teu corazón se encolla capítulo a capítulo. É unha historia que engancha desde un primeiro momento.

 En xeral, todos coincidimos no que nos sorprendeu o feito de que, contrariamente a moitos libros con cativos como protagonistas nos que os pequenos falan como adultos, neste, Alejandro Pombas consegue que pareza realmente un neno pequeno o que conta a historia. Por outra banda, tamén nos gustou como o autor vaite levando dunha a outra tese sobre as motivacións dos personaxes, teorías que, en moitas ocasións desbarátanse nos seguintes capítulos. É dicir, trátase dun libro que fai que, a medida que avanza a historia, ti na túa cabeza vaias montándoche a película. Os personaxes van desenvolvéndose durante toda a narración. 
En definitiva, o libro encantounos unanimemente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario