Marina é unha novela na que se desenvolven dous relatos paralelos enmarcados polo Modernismo da cidade de Barcelona, pero separados no tempo. Son dúas historias de amor, unha adolescente e familiar e outra de principios do século XX con personaxes exóticos de ambiente gótico e terror por momentos.
Con influencias literarias como Frankenstein de Mary Shelley, Zafón vai insertar nesta novela retazos de moitas obras senlleiras intercalando amizade, amor e castigo co rexeitamento de experimentos médicos antinatura. O onírico está presente en toda a obra sen ser quen de distinguir o que é real e o imaxinario. Os incendios, o terror, o ambiente e os personaxes escuros lévannos a atravesar a escuridade ata un pozo sen fondo onde o abismo nos espera.