martes, 12 de diciembre de 2023

Noite de temporal, de Núñez Singala


No club de lectura lemos o libro Noite de Temporal, de Manuel Núñez Singala, que trata sobre o afundimento do Santa Isabel na costa da illa de Sálvora, a comezos da década dos vinte do século pasado, e de como a xente do lugar fixo todo o posible para salvar á maior cantidade de xente, incluso nas circunstancias de estaren en plena madrugada ás escuras e con néboa. 
Neste relato, baseado en feitos reais, tamén se narra como as mulleres da illa deciden aventurarse e tomar parte no salvamente pese ás ordes dos seus esposos, pais… de quedaren en terra coidando dos nenos.
 Foi un libro que causou certos encontros en canto ao placenteira que foi a lectura, pois á vez que gustou moito polo ben contada que está a historia, tamén produciu algo de fastío pola dificultade do vocabulario mariño e a prolongación que tiñan algunhas escenas que, paradoxicamente, permitiron empatizar moi ben cos personaxes. 
Pese a estas pequenas obxeccións, é un libro que recomendaría, pois reflicte moi ben como a xente da costa está acostumada a este tipo de situacións e saben actúar ante elas e, non só iso, tamén mostra moi ben como funcionaban as cosas antano, sen tantas tecnoloxías nin facilidades como as que nós coñecemos e ás que estamos acostumados, e nunca está mal saber un pouco máis do noso pasado, ademais de axudar á nosa comprensión lectora en galego. 

Por Olivia, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario