domingo, 9 de junio de 2019

¡EL DINERO NO CAE DEL CIELO! de Emmanuel Trédez

Somos fans dos libros divulgativos, e procuramos inculcar no alumnado (1º ESO) ese amor polos textos sucintos e instrutivos. Nesta ocasión, que mellor para esta xeneración de consumistas irredentos que botar man daquelo que añoran todo o tempo e adoran cal becerro de ouro (nunca mellor dito)? Iso si, de como empezou a cousa nin flowers. Para eles todo está inventado no século XXI, non se acordan de que levamos só 19 anos, claro, eles no estaban antes…
 En fin, que todo hai que dicirllo, que as moedas xa eran redondas na Antiga Grecia – e como ían ser se non?- non se lles ocorre que podían ser cadradas, triangulares, en forma de chave (como así foi). O do papel moeda para que contarvos, vamos, iso estaba cantado, é algo normal. Normal que un rectángulo de papel barato, reciclado poida valer 500 euros? Que o metes na lavadora e aló vai? Paciencia hai que ter, señor… 
E o máis flipante, non teñen nin idea do que custa a vida, non saben que con estes salarios basura de hoxe en día por traballos extenuantes é imposible chegar a fin de mes (por favor pais de verdade, botádenos unha man na casa). Como fin de festa, a apoteose final: aquilo de mídese o valor dunha persoa polo diñeiro que gaña? Cal banquiño dos acusados, polo noso Club de Lectura desfilaron todos os Messis, os Cristianos Ronaldos, as guapas de turno, os caraduras, as Mileys Cyrus, os influencers…nin sombra das grandes científicas, dos artistas, dos profesionais da sanidade, do voluntariado, xa non vos falo dos do ensino…
En dúas palabras, unha calamidade¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario