martes, 23 de enero de 2024

Atranco no banco, de Núñez Singala

 


Atranco no banco
é unha pequena peza dramática na que coñecemos a dous homes: Lois e Rafael. Estes pretenden roubar un banco, pero, ao non teren experiencia, a súa peripecia resulta máis cómica que efectiva. Ademais, o seu obxectivo vai verse dificultado por outros dous personaxes, don Serafín, o director do banco, e Vanessa, a súa axudante.

Dende esta premisa, Núñez Singala consegue nunha extensión reducida construir unha obraque atrapa ao lector dende a primera páxina e o divirte durante toda a obra. Así opinaron os nenos do club e non faltaron risas durante a súa lectura. O final do libro tampoco lles decepcionou, xa que o autor introduce un xiro sorprendente.

martes, 12 de diciembre de 2023

Un mundo feliz, de A. Huxley

 Aldous Huxley proxecta nun  mundo feliz unha realidade utópica na que os nenos non nacen dunha nai,


senón dunha probeta, onde non hai amor, senón luxuria e desenfreo, onde non hai loita de clases, senón só conformismo. En suma, unha sociedade onde todo o que nos fai humanos desaparece.

Neste contexto entre en xogo "o salvaxe", un personaxe que vive illado do mundo feliz e que provoca que se cambaleen os  cimentos d este a o representar o impulso vital, o lado máis primitivo e orixinario dos humanos.

Este choque entre os dous mundos vai precipitar a destrución do  salvaxe, nunha apoteósica escena final.

A opinión sobre o libro foi bastante variada, sendo criticada por algúns e encomiada por outros. Do que non cabe a menor dúbida é da súa condición de clásico, que o encumbra a unha posición de prestixio dentro da literatura distópica do século XX.

Por Beatriz, 1º BAC

Noite de temporal, de Núñez Singala


No club de lectura lemos o libro Noite de Temporal, de Manuel Núñez Singala, que trata sobre o afundimento do Santa Isabel na costa da illa de Sálvora, a comezos da década dos vinte do século pasado, e de como a xente do lugar fixo todo o posible para salvar á maior cantidade de xente, incluso nas circunstancias de estaren en plena madrugada ás escuras e con néboa. 
Neste relato, baseado en feitos reais, tamén se narra como as mulleres da illa deciden aventurarse e tomar parte no salvamente pese ás ordes dos seus esposos, pais… de quedaren en terra coidando dos nenos.
 Foi un libro que causou certos encontros en canto ao placenteira que foi a lectura, pois á vez que gustou moito polo ben contada que está a historia, tamén produciu algo de fastío pola dificultade do vocabulario mariño e a prolongación que tiñan algunhas escenas que, paradoxicamente, permitiron empatizar moi ben cos personaxes. 
Pese a estas pequenas obxeccións, é un libro que recomendaría, pois reflicte moi ben como a xente da costa está acostumada a este tipo de situacións e saben actúar ante elas e, non só iso, tamén mostra moi ben como funcionaban as cosas antano, sen tantas tecnoloxías nin facilidades como as que nós coñecemos e ás que estamos acostumados, e nunca está mal saber un pouco máis do noso pasado, ademais de axudar á nosa comprensión lectora en galego. 

Por Olivia, 3º ESO

jueves, 7 de diciembre de 2023

Ana y la Sibila, de ANTONIO SANCHEZ ESCALONILLA


Ana y la Sibila é unha obra fascinante que nos mergulla nunha historia rica en mitoloxía, misterio e reflexión sobre a natureza humana. A autora lévanos a través dunha viaxe que conecta o presente co pasado antigo, e o real co místico.
 A trama segue a Ana, unha moza cuxa vida ordinaria dá un xiro inesperado cando descobre un antigo manuscrito que a leva a desentrañar os segredos da Sibila, unha figura enigmática e profética da antigüidade. A medida que Ana bucea nesta procura, atópase con personaxes intrigantes e enfronta dilemas que desafían o seu entendemento do mundo e de si mesma. 
Un dos aspectos máis destacados desta obra é a forma en que a autora entrelaza a mitoloxía coa narrativa moderna. Os mitos antigos non só serven como un transfondo decorativo, senón que se integran profundamente na estrutura da historia, proporcionando contexto histórico e filosófico que enriquecen a lectura. 
Os personaxes están marabillosamente desenvolvidos. Ana é unha protagonista coa que é fácil empatizar; a súa curiosidade, valentía e vulnerabilidade fana real e próxima. A Sibila, doutra banda, é un personaxe que encarna o misterio e a sabedoría, e a súa interacción con Ana é abrirlle portas a reflexións profundas sobre o destino, o coñecemento e o poder. 
A ambientación do libro é outro punto forte. As descricións son vívidas e detalladas, transportando ao lector a paisaxes antigas e modernas con igual facilidade. A autora ten un talento especial para facer que cada escenario cobre vida, desde as rúas dunha cidade contemporánea ata os antigos templos e paisaxes mitolóxicos.
 En resumo, Ana e a Sibila é un libro ideal para aqueles que gozan das historias que combinan elementos históricos e míticos cunha narrativa actual e profundamente humana.

miércoles, 22 de noviembre de 2023

A cabeza da Medusa, de Marilar Aleixandre


A Cabeza da Medusa
de Marilar Aleixandre foi o libro co que comezamos o Club de Lectura de 3º da ESO para o curso academico 2023/2024.

No libro relátase a historia de dúas rapazas, Sofía e Lupe, que unha noite foron violadas por dous rapaces. A novela continua narrando o que estas nenas sofren no instituto, igual que ao mesmo tempo narra momentos paralelos doutros personaxes como o de Jessica ou Rubén, e tamén a reacción dos pais.

A todas gustounos moito o libro, ainda que tivemos opinións dispares nalguns momentos. Todas estabamos de acordo que nunca nos subiríamos ao coche dun estraño, aínda que pensemos que é coñecido, que foi o que lles ocorreu ás protagonistas, xa que non sabemos onde pode estar o perigo. Tamén estabamos de acordo que a actitude dalguns compañeiros e profesores non era a correcta e tamén a dispar reacción dos pais das dúas rapazas.   Ademais consideramos que no libro tamén se reflicte o machismo, polo que algunhas de nós, pensábamos, que eran os homes os que as criticaban.

     Eu recomendaría o libro, por que narra momentos da vida cotiá, e unha situación que podería pasarnos a calquera de nós. Tamén o recomendaría, por que é moi sinxelo de ler e unha vez estás dentro da historia, non podes parar de lelo.

Por Candela, 3º ESO

martes, 14 de noviembre de 2023

La importancia del primer cero, de Oti Rodríguez Marchante y Carmen Segovia

 Andrés, Iñaki, Fredi e Paula son catro amigos que se reúnen para preparar e presentar un proxecto de investigación de ciencias. Todos acaban de cumprir os dez anos, e cada neno experimenta este suceso de maneira completamente distinta: dende os cambios na maneira de Andrés de relacionarse cos seus amigos ata as interaccións entre Iñaki e o seu irmán, o libro está composto por catro contos que exploran as tranformacións que cada pequeno percibe ao seu redor.

Maxistralmente ilustrado e con bos toques de humor, a compilación resultou amena aos nenos do club: a pesar de ter algo máis de 10 anos, sentíronse identificados cos protagonistas, recoñecendo as sensacións descitas nos relatos como sentimentos propios. A orixinalidade e o respecto dos autores ao tratar temas como o síndrome de “O cristal” fan que o libro sexa unha lectura agradable e sinxela para calquera idade.

viernes, 23 de junio de 2023

Actividade final: Viaxe á Mariña luguesa

 Como cada ano, co alumnado participante nos Clubs de Lectura fixemos unha viaxe que, tendo como fin a lectura e os libros, servise tamén para que a rapazada puidese pasar un día de actividades lúdicas.

Decidimos ir cara o Norte, cara a nosa costa luguesa, na procura de grandes poetas e escritores galegos e en galego, así pois a nosa primeira parada, non podía ser menos, foi en Mondoñedo. Alí, don Félix, custodio da Biblioteca do Seminario de Santa Catalina, amosounos e compartiu con nós a súa sabiduría así como a beleza e antigüidade dos pergaminos e libros, e a historia que se escondía neles. Os rapaces ficaron abraiados e conmocionados ante a perfección da Biblioteca, e deses libros, así como da minuciosidade dos seus autores. 

De alí, marchamos a seguir alimentando o noso espírito coa visita á simpar Igrexa de San Martiño de Mondoñedo. A Catedral máis antiga de España. A nosa guía, cunha linguaxe e asertividade próxima aos rapaces, desentrañoulles os misterios de dito templo, a interpretación e historias que se agochaban neses capiteis e pintura, marabillosos.

Despois de comer e mollar os pes na praia da Rapadoira, continuamos a nosa viaxe na Finca Galea, e alí admirounos a capacidade da natureza: auga e vexetación. Árbores milenarias, retorcidas a xeito de esculturas contemporáneas naturais, fontes máxicas que parecían flotar, e muíños de auga e pedra. 


jueves, 8 de junio de 2023

Poemas para leer antes de leer, de Pedro Mañas

 Os nosos nenos atragóanse coas letras, as sílabas, as palabras.  Non escriben porque non len. E así van


deixando un rastro ensanguentado na batalla contra os libros, os contos, a narrativa en xeral. E xa nin vos falo da poesía, dos versos sublimes que crearon a nosa literatura universal por primeira vez.

Sen embargo, a lectura dos poemas sempre é a máis pracenteira, soa a música, a ritmo, a beleza. Hai que lela a modiño, sen presas, sen reloxio. Ademais, non creades que a poesía é só o sendeiro para o amor, calquera experiencia da vida, dende o nacemento ata a morte, foi cantada e contada, vivida por alguén para o inmediato ou para a eternidade.

É por iso polo que ese libro de Mañas Romero nos entusiasmou. Partindo de que o terror é un xénero que atrae ao alumnado, que non o evitan porque sempre é mellor falar de morte que da vida, experimentaron os sobresaltos que producen risas, fronte a vergoña acalorada do amor e a tenrura.

Nos seus poemas, aparecen Drácula, Frankenstein, el doctor Jekyll e Mister Hayd, El fantasma de Canterville e outros personaxes de terror que nos fascinan. Moi ben por Mañas, non se pode dicir nada máis.