Este libro divídese principalmente en dúas historias, aparentemente sen relación, pero as cales se enlazan nun punto do libro.
Unha delas fálanos de Lara, unha rapaza que ten unha cita cun rapaz que coñeceu por internet. A outra historia preséntanos unha policía e un forense na escena do que parece un suicidio.
A idea principal do texto é bastante boa, pero o desenvolvemento desta deixa bastantes incongruencias. Por exemplo, Lara só lle contou os detalles da súa cita a unha das súas amigas, por medo a que o seu ex se decatase, pero non tivo reparos en publicar nas redes frases coma: "esta será a noite da miña vida". Na outra historia tamén podemos ver cousas bastante incoherentes. Un exemplo disto podémolo ver no comportamento da policía; pois, sen ningún tipo de probas ou razón lóxica e contra o dictame do forense, ela concluíu que non foi un suicidio, senón un asasinato. Tamén podemos ver incoherencias no carácter dos persoaxes e na súa evolución. Por exemplo, na primeira metade do libro, Lara amósase extremadamente desconfiada e temerosa, como demostra cando, durante a primeira metade da cita, vixía a porta do Mc'Donals onde quedaron, por se aparecía o seu ex. Pola contra, mais tarde amósase moito máis confiada e olvida completamente ao seu ex. O carácter do "malo" do libro tamén é moi incoherente, pois parece unha persoa completamente normal, pero en realidade é un psicópata que leva 6 meses preparando o seu plan e finxindo; pero nos momentos máis cruciais e decisivos mostra dúbidas e sentimentos.
Por outra banda, no clímax da historia, o autor fai un flashback que non aporta nada á historia e refrea o ritmo desta.
Aínda que o libro conteña todos estes problemas, eu disfrutei en xeral dunha primeira lectura; pero se o que buscades é un bo libro de intriga ou misterio, este libro non é o máis recomendable.
Por Saúl, 3º ESO