jueves, 16 de mayo de 2024

Sir Gadabout, de Martyn Beardsley

 Sir Gadabout (cuxo nome é un xogo de palabras en inglés), coñecido como O Peor Cabaleiro do Mundo, é un cabaleiro con escaso talento como fidalgo pero un gran corazón, que o leva a internarse nas terras de Bretaña para rescatar á Reina Xinebra cando esta desaparece misteriosamente.

O autor Martyn Beardsley sérvese deste sinxelo argumento para contar unha cómica historia de aventuras, a primeira dunha serie, acompañada polas ilustracións de Tony Ross e inspirada nos relatos do rei Arturo e os Cabaleiros da táboa redonda. O curto relato, que a pesares de estar dirixido a nenos busca atrapar tamén aos adultos coas súas bromas e xogos de palabras, é unha lectura rápida e doada, pero a vontade do autor de facer unha obra apta para pequenos e grandes fai que algunhas bromas queden fora da comprensión dos nenos, situación que aconteceu cos membros do club, mentres que o ton infantil da historia pode causar tedio aos máis maiores.

Non foi unha lectura que desagradara ao club, pero o consenso xeral foi que era ocasionalmente repetitiva e que non captaba o suficiente a atención como para continuar lendo a serie.

No hay comentarios:

Publicar un comentario