miércoles, 28 de septiembre de 2022
lunes, 20 de junio de 2022
Lo que pensamos, lo que hicimos, de Lea-Lina Oppermann
A novela de Oppermann é creíble e sorprendente, dá a sensación de que é unha representación, non un relato. Os actores comparecen por separado nos distintos actos arroupados por un coro que ten unha vista panorámica da situación: están sós pero acompañados. Cada personaxe debe encararse co seu fado, unha proba final na que están espidos frente ao destino como os heroes clásicos. E de ahí sairá unha lección de vida.
Só esperamos que todos os adolescentes poidan ler este libro.
viernes, 17 de junio de 2022
Vémonos aló enriba, de Pierre Lemaitre
A historia que nos conta Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre, nos últimos días da 1ª Guerra Mundia, no ano 1918, nas trincheiras do bando francés. Alí aparecen os tres personaxes que protagonizan a novela: Albert Maillard e Édouard Péricourt, dous soldados que apenas se coñecen entre si pero cuxas vidas quedarán unidas para sempre, e Henri D'Aulnay-Pradelle, un aristócrata vido a menos, un tipo narcisista e sen escrúpulos que busca a gloria militar a toda costa, este ordena unha absurda ofensiva que culminará con Maillard e Péricourt gravemente feridos, con mutilacións e graves problemas psicolóxicos.
A novela ten tintes traxicómicos, mentres nos conta o duro enfrontamento destes protagonistas, como ocorreu con tódolos combatentes tralo fin da Gran Guerra, coa dura realidade dunha sociedade que os condena á miseria e ao esquecemento.
O autor narra maxistralmente como inician a súa vinganza, todo elo tinxido, no fondo, dunha profunda crise antibélica.
Por suposto, a novela gustounos moito, tanto polos apuntes cómicos como por ese alegato contra a guerra, que hoxe máis que nunca é necesario.
Por Beatriz (4º ESO)
lunes, 13 de junio de 2022
14, de Jean Échenoz
Despedímonos do Club de Lectura por este ano, falando do libro 14, escrito por Jean Echenoz .
Este é un libro histórico que relata a Primeira Guerra Mundial, dende o punto de vista de cinco amigos. O libro amosa moi ben cómo os franceses esperaban rematar a guerra nunhas semanas, coma calquera outra guerra, e como despois atopáronse metidos en trincheiras, escavadas no chan, rodeados por ratas, afundidos na lama, e no medio dun campo de batalla cheo de gases nocivos, bombardeados polo inimigo. As baixas foron máis das esperadas e o romanticismo inicial da guerra desapareceu como os milleiros de combatentes.
A primeira parte do libro ten un ritmo lento debido a moitas descripcións, polo que o libro non pode gustar a todos os públicos; pero, na segunda parte as descripcións son claras en concisas, e a narración moito máis áxil.
Por Saúl (3º ESO)
viernes, 27 de mayo de 2022
Novela de Xadrez, de Stefan Zweig
Esta vez limos no club de lectura a edición ilustrada de Novela de xadrez. Nela, Stefan Zweig narra como a presenza do campeón mundial de xadrez chama a atención dalgúns pasaxeiros do barco con destino a Nova York. Estes, intrigados por saber como sería enfrentarse a un axedrecista de tal nivel, propóñense conseguir xogar unha partida con el. É entón cando se cruza no seu camiño o señor B, personaxe a través do cal se relatan as penurias que sufriron os presos do réxime nazi.
Coa súa narración, centrada fundamentalmente no aspecto psíquico do
personaxe, Zweig demostra que a violencia psicolóxica pode ser tan terrible
coma a violencia física. As ilustracións de Tacluiloa redondean a obra,
ofrecendo outra visión da historia orixinal. O resultado é unha novela tan
entretenida coma profunda, cuxa lectura recomendo sen dúbida ningunha.
viernes, 29 de abril de 2022
¡Qué blanca más bonita soy!, de Dolf Verroen.
Esta vez na reunión do club de lectura do IES Xoan Montes, falamos do libro Qué blanca más bonita soy, escrito por Dolf Verroen.
Este libro fala da escravitude, xa desde o propio título, dende o punto de vista dunha nena. O libro mostra a normalidade que para a xente da época supoñía a existencia dos escravos, da idea de estatus e tamén o racismo da época. Neste mesmo libro tamén podemos ver moitos prexuizos da época sobre a muller, como o eu papel como nai, de aí que se valore as que teñan grandes peitos.
O libro é fácil de leer e moi entretido, pero ademáis describe moi ben a sociedade da época. Este libro aparentemente sinxelo, faite reflexionar sobre os erros que cometimos nun pasado non tan lonxano, e que non convén repetir no futuro, aínda que lendo as noticias, que tan a miúdo saltan nos medios de comunicación, sobre conflitos raciais parece que quizá non avanzáramos tanto como pensamos.
Por Saúl (3º ESO)
martes, 26 de abril de 2022
ATRANCO NO BANCO, de Manuel Núñez Singala
Ao autor deste libro gústalle a comedia clásica norteamericana, salta á vista. Temos una parella de atracadores ao estilo de Jack Lemmon e Walter Mathau, os dous bastante paiolos, que pasan o rato facendo xogos de palabras nunha competición absurda. Temos, coma non, un cuñado tacaño que é banqueiro, unha alcaldesa, una rapaza de bon ver, e un atraco onde ninguén é o que parece. O banco semella o camarote dos irmáns Marx con tantas idas e vidas. E todo iso ben remexido para resaltar os abusos da banca en época de crise. É ben sabido que non hai nada como a risa en tempos incertos.
Manuel Núñez Singala é un bon filólogo e un gran comediante, non cabe dúbida. Demóstrao na escena do cambio lingüístico para parecer un malote das Rías Baixas, amoreando seseos e gheadas. Nin o mesmo Aristófanes. Había moito tempo que non me rira tanto.