domingo, 6 de junio de 2021

Ninfa rota, de A. Gómez Cerdà

 


Este libro relata a historia de Marina, unha rapaza adolescente, que sente unha voráxine de emocións pola súa relación obsesiva co seu noivo, Eugenio. A súa repentina ruptura complica moito as cousas e fai que a protagonista se obsesione tentando comprender o motivo polo que a deixou. Esta relación deixa ver claramente a súa toxicidade: por un lado temos a unha persoa controladora e manipuladora, que o que máis lle importa é o seu propio ego, e por outra, alguén que está experimentando moitos cambios psíquicos e que crea unha forte dependencia emocional da outra persoa. Eugenio claramente a ameaza, insulta e afasta das súas amizades, sobre todo de Nerea, a súa mellor amiga, que veu o que el estaba a facer coa súa amiga e declaroulle a guerra. Marina fai tantas cousas por compracelo que acaba nun estado case paranoico, case ao punto de mirar cara ambos lados para comprobar que el non pode ver as accións que realiza no seu día a día, por se puideran chegar a non gustarlle. Ela non é quen de recoñecer o maltrato sufrido libremente, polo que desfoga nun diario que escribe e moi frecuentemente, estes sentimentos de medo pódense ver nos seus soños, nos que somos testemuñas das interacción de dous personaxes, unha ninfa e un fauno, trasuntos dela e de Eugenio. Nestes soños a ninfa síntese empequeñecer fronte ao fauno, a quen dice querer pero é notable que lle inspira medo. 
 Dende o meu punto de vista, é unha novela moi necesaria que pode axudar a abrir os ollos á moitas persoas e darse conta da realidade na que viven, para así poder saír dela. O estilo de Gómez Cerdá é claro e conciso, como escribiría unha moza que ronde a adolescencia, e isto beneficia que o ritmo da novela sexa rápido e atrapante. 

No club de lectura foi un libro que agradou a todo o mundo, e moitos puideron sentirse identificados porque coñecían unha relación así ou a viviran nas propias carnes. Moitas veces non romántica, senón que este tipo de abusos poden ocorrer e todo tipo de relacións, como as de amizade.

Por Beatriz, 3 º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario