lunes, 21 de marzo de 2022
Nós outras, de Marica Campo e Menchu Lamas
sábado, 5 de marzo de 2022
In Memoriam , de Pepe Carballude
Nesta reunión do club, falamos de In Memoriam, de Pepe Carballude. Este libro é unha novela histórica,
que trata sobre unha escavación no antigo parque da cidade, realizada polos voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, onde se cre que están o corpo dun home fusilado durante a Guerra Civil española.
Pero, esta escavación fará que xordan á luz vellas loitas e xenreiras, avivando odios que parecían enterrados como o cadáver.
A nós fíxonos ver paralelismos entre este conflito e o que ocorre actualmente en Ucraína, pensamos que o mundo esquece as vítimas, porque as enterran en foxas comúns, como o exército ruso fai cos soldados e civís ucraínos. Polo tanto, pensamos, este libro chama a rememoralos, a non esquecelos, de aí o seu título: In Memoriam
Por Diana (3º ESO)
viernes, 4 de febrero de 2022
Sabrina, de Nick Dmaso
No club de lectura lemos a novela gráfica Sabrina, do autor estadounidense Nick.
Drnaso. A través das súas ilustracións, Drnaso conta a historia da desaparición dunha moza chamada Sabrina Gallo e o xeito no que esta afecta á xente do seu arredor, en concreto á súa irmá, ao seu mozo e a un amigo deste. A isto xúntase a aparición de teorías conspiranoicas en relación co acontecido nos medios de comunicación e en Internet, o que dana aínda máis aos achegados de Sabrina.
Nick Drnaso exerce unha dura crítica á sociedade actual a través de Sabrina, especialmente á sociedade estadounidense. Faino desde un punto de vista tremendamente pesimista, que aparece reflectido nos sus arrepiantes debuxos. Sabrina é unha novela que, sen dúbida, non te deixará indiferente.
Por Pilar (1º BAC)
jueves, 25 de noviembre de 2021
Descoñecidos, de David Lozano
Este libro divídese principalmente en dúas historias, aparentemente sen relación, pero as cales se enlazan nun punto do libro.
Unha delas fálanos de Lara, unha rapaza que ten unha cita cun rapaz que coñeceu por internet. A outra historia preséntanos unha policía e un forense na escena do que parece un suicidio.
A idea principal do texto é bastante boa, pero o desenvolvemento desta deixa bastantes incongruencias. Por exemplo, Lara só lle contou os detalles da súa cita a unha das súas amigas, por medo a que o seu ex se decatase, pero non tivo reparos en publicar nas redes frases coma: "esta será a noite da miña vida". Na outra historia tamén podemos ver cousas bastante incoherentes. Un exemplo disto podémolo ver no comportamento da policía; pois, sen ningún tipo de probas ou razón lóxica e contra o dictame do forense, ela concluíu que non foi un suicidio, senón un asasinato. Tamén podemos ver incoherencias no carácter dos persoaxes e na súa evolución. Por exemplo, na primeira metade do libro, Lara amósase extremadamente desconfiada e temerosa, como demostra cando, durante a primeira metade da cita, vixía a porta do Mc'Donals onde quedaron, por se aparecía o seu ex. Pola contra, mais tarde amósase moito máis confiada e olvida completamente ao seu ex. O carácter do "malo" do libro tamén é moi incoherente, pois parece unha persoa completamente normal, pero en realidade é un psicópata que leva 6 meses preparando o seu plan e finxindo; pero nos momentos máis cruciais e decisivos mostra dúbidas e sentimentos.
Por outra banda, no clímax da historia, o autor fai un flashback que non aporta nada á historia e refrea o ritmo desta.
Aínda que o libro conteña todos estes problemas, eu disfrutei en xeral dunha primeira lectura; pero se o que buscades é un bo libro de intriga ou misterio, este libro non é o máis recomendable.
Por Saúl, 3º ESO







