jueves, 25 de noviembre de 2021

Descoñecidos, de David Lozano

 Este libro divídese principalmente en dúas historias, aparentemente sen relación, pero as cales se enlazan nun punto do libro.

Unha delas fálanos de Lara, unha rapaza que ten unha cita cun rapaz que coñeceu por internet. A outra historia preséntanos unha policía e un forense na escena do que parece un suicidio.


A idea principal do texto é bastante boa, pero o desenvolvemento desta deixa bastantes incongruencias. Por exemplo, Lara só lle contou os detalles da súa cita a unha das súas amigas, por medo a que o seu ex se decatase, pero non tivo reparos en publicar nas redes frases coma: "esta será a noite da miña vida". Na outra historia tamén podemos ver cousas bastante incoherentes. Un exemplo disto podémolo ver no comportamento da policía; pois, sen ningún tipo de probas ou razón lóxica e contra o dictame do forense, ela concluíu que non foi un suicidio, senón un asasinato. Tamén podemos ver incoherencias no carácter dos persoaxes e na súa evolución. Por exemplo, na primeira metade do libro, Lara amósase extremadamente desconfiada e temerosa, como demostra cando, durante a primeira metade da cita, vixía a porta do Mc'Donals onde quedaron, por se aparecía o seu ex. Pola contra, mais tarde amósase moito máis confiada e olvida completamente ao seu ex. O carácter do "malo" do libro tamén é moi incoherente, pois parece unha persoa completamente normal, pero en realidade é un psicópata que leva 6 meses preparando o seu plan e finxindo; pero nos momentos máis cruciais e decisivos mostra dúbidas e sentimentos.

Por outra banda, no clímax da historia, o autor fai un flashback que non aporta nada á historia e refrea o ritmo desta.

Aínda que o libro conteña todos estes problemas, eu disfrutei en xeral dunha primeira lectura; pero se o que buscades é un bo libro de intriga ou misterio, este libro non é o máis recomendable.

Por Saúl, 3º ESO







martes, 16 de noviembre de 2021

Estrelecer , de Carlos Labraña


Esta vez, no Club de Lectura, limos Estrelecer, de Carlos Labraña.
Esta obra de teatro describe a un grupo de amigas que entran pola noite nunha casa, aparentemente abandonada e na que quedarán atrapadas. Na casa vive unha muller, que parece traer a morte con ela. A historia é escura, como a noite. Pareceunos que o autor podería querer explicarnos o que é a maldade, as sombras que habitan na casa farían alusión, pensamos, á falta de liberdade.
A nós a historia non nos acabou de atrapar, aínda que si nos gustou como estaba escrita.

Por Diana  (3º ESO)

jueves, 11 de noviembre de 2021

Aurora y en la hora

Esta novela escrita por un colectivo de autores non aporta nada á historia da narrativa xuvenil. Se nos cinguimos ao relato, o cúmulo de tópicos na narración non permite que a trama flúa, as personaxes non son convincentes, e as escenas encadénanse a tal velocidade que os lectores saltan dunha a outra sen respiro, e non hai visos de que a cousa mellore. Non se trata de matar aos lectores xuveniles a un susto por minuto, non se poden mesturar o tren da bruxa con fantasmas, mulleres tolas, ventos que murmurian e irmás mortas. Non é crible de ninguna das maneiras, mesmo para tratarse dun suposto xénero de ficción e terror. Tantos estereotipos desaniman ao máis pintado. Hai innumerables obras maestras deste tipo que pode ler a xente nova, amósasen en edicións modernas, en cómics, ilustradas… Non perdamos o tempo.

viernes, 5 de noviembre de 2021

Casa de Bonecas, de Henrik Ibsen

Este curso, no Club de 4º da ESO, comezamos cunha obra teatral, nada menos que Casa de Muñecas de Ibsen. 
 En Casa de Muñecas coñecemos a familia formada por Nora, Torvald e os seus tres fillos. Parecen unha familia feliz. Pero, a través dunha amiga de Nora, coñeceremos o segredo desta. 
 Gustounos a obra, pero sobre todo o cambio na personalidade de Nora, de ser sumisa, e insustancia en apariencia, a afirmarse, “empoderarse” por usar un termo máis contemporáneo. Sorprendeunos, por dicilo dalgún xeito, que Ibsen, ao fin e ao cabo fillo do seu tempo, escribira unha obra que case se pode considerar feminista, pois o personaxe de Nora preséntase cada vez máis forte, mentres que en paralelo, o seu marido pasa de ser o “sexo forte” a amosarse débil, pero iso si, aferrado ao seu papel patriarcal. 
 En definitiva, unha obra que recomendamos, sobre todo pola súa contemporaneidade, a pesar de que a obra foi escrita a finais do XIX, na que o autor fai unha crítica aguda ás normas matrimoniais desa época.
 Por Nesta, 4º ESO


jueves, 8 de julio de 2021

Contra o reloxo, de Carlos Labraña

O paso do tempo, o ladrón das horas, o tempo é ouro, as viaxes no tempo… Todo quere ser tocado nesta pequena obra de teatro de Labraña. A travesía da vida percibida por un home ao final da súa carreira - metáfora da existencia - representada por un reloxeiro.         Pero neste caso, ese tema tan importante está tratado en forma de comedia, máis ben farsa, onde ningún personaxe atopa o seu sitio: o reloxeiro xa non se interesa polo tempo, o veciño non pode durmir co ruído, a filla só busca diminuír a pena do seu pai e os ladróns acaban, como en todos os contos clásicos, vapuleados. 
         A narración aférrase a un formato cinematográfico divertido ao estilo do Camarote dos Irmáns Marx, cun entrar e saír dos personaxes, con xente apiñada e caixas que se van amontoando ata o teito onde se agochan persoas e pensamentos, deixándonos de novo con esa sensación familiar do recuncho onde cada un de nós vamos amoreando os nosos recordos, a nosa vida… 
         Veña, a ler, rapaces, que xa vai sendo hora!

domingo, 20 de junio de 2021

El odio que das, de Angie Thomas


 É un libro que fala principalmente do racismo e do movemento “Black Lives Matter”.

A súa protagonista, Starr, ve morrer ao seu mellor amigo Khalil a mans dun policía. A partir de ahí comeza unha loita interna consego mesma, rememorando unha e outra vez a escena, culpándose a sí mesma de que os detectives non crean que o seu compañeiro sexa culpable ou aguantando ter que oír que Khalil era traficante.

Pero, ademais, este libro conta con unha subtrama na que se fala sobre as pandillas e os traficantes no barrio de Starr. O seu propio pai é un expandilleiro que, coa pouca influencia que lle queda, consegue protexer aos seus fillos. Por último tamén destaca o tema do abuso doméstico na familia dun pandilleiro, que agrede á súa muller e ás súas fillas.

É increíble a vida tan distinta que tes que sufrir por non ter a pel clara, que teñan que enseñarte a como debes comportarte ante un policía armado e que, ademais, as persoas que te discriminan sexan responsables da túa situación.

Por María, 4º ESO

domingo, 6 de junio de 2021

Ninfa rota, de A. Gómez Cerdà

 


Este libro relata a historia de Marina, unha rapaza adolescente, que sente unha voráxine de emocións pola súa relación obsesiva co seu noivo, Eugenio. A súa repentina ruptura complica moito as cousas e fai que a protagonista se obsesione tentando comprender o motivo polo que a deixou. Esta relación deixa ver claramente a súa toxicidade: por un lado temos a unha persoa controladora e manipuladora, que o que máis lle importa é o seu propio ego, e por outra, alguén que está experimentando moitos cambios psíquicos e que crea unha forte dependencia emocional da outra persoa. Eugenio claramente a ameaza, insulta e afasta das súas amizades, sobre todo de Nerea, a súa mellor amiga, que veu o que el estaba a facer coa súa amiga e declaroulle a guerra. Marina fai tantas cousas por compracelo que acaba nun estado case paranoico, case ao punto de mirar cara ambos lados para comprobar que el non pode ver as accións que realiza no seu día a día, por se puideran chegar a non gustarlle. Ela non é quen de recoñecer o maltrato sufrido libremente, polo que desfoga nun diario que escribe e moi frecuentemente, estes sentimentos de medo pódense ver nos seus soños, nos que somos testemuñas das interacción de dous personaxes, unha ninfa e un fauno, trasuntos dela e de Eugenio. Nestes soños a ninfa síntese empequeñecer fronte ao fauno, a quen dice querer pero é notable que lle inspira medo. 
 Dende o meu punto de vista, é unha novela moi necesaria que pode axudar a abrir os ollos á moitas persoas e darse conta da realidade na que viven, para así poder saír dela. O estilo de Gómez Cerdá é claro e conciso, como escribiría unha moza que ronde a adolescencia, e isto beneficia que o ritmo da novela sexa rápido e atrapante. 

No club de lectura foi un libro que agradou a todo o mundo, e moitos puideron sentirse identificados porque coñecían unha relación así ou a viviran nas propias carnes. Moitas veces non romántica, senón que este tipo de abusos poden ocorrer e todo tipo de relacións, como as de amizade.

Por Beatriz, 3 º ESO