O occidente rico mira sen ver, pensa sen reflexionar,
cre que o sabe todo… ou xa non quere saber máis (ai, que horror, quitádeme iso
de aí, sempre están co mesmo). E así pasamos a xornada, cambiando de canal a
cada paso, como o avestruz que agocha a cabeza debaixo da terra.
Non obstante, o drama dos refuxiados segue aí. E iso
que nosoutros fomos eles - seguímolo sendo - marchamos dos nosos lares buscando
unha vida mellor, traballo, paz. Non é tan difícil de comprender. E con todo,
canta traxedia sen fin, canto desgarro, cantos vínculos quebrados, canta
historia desterrada.
Amina é unha nena siria, como Zenobia, a poderosa
raíña que conquistó un imperio. O seu valor será tomado como exemplo pola
protagonista para tentar superar a proba definitiva, pero a realidade será máis
forte que ela. Ese silencio, que é linguaxe no cómic, mergúllanos nas tebras. O
inferno ábrese cada vez que unha patera é lanzada ao abismo. Están sos, cegos,
perdidos, e non hai luz ao outro lado. Que vergonza!
No hay comentarios:
Publicar un comentario