martes, 19 de febrero de 2019

Xa non estou aquí, Iria Misa

    O día 19 de febreiro o club de lectura de terceiro e cuarto reunímonos para conversar sobre o libro “Xa non estou aquí”, escrito por Iria Misa, docente que parece que coñece moi ben aos adolescentes. 
    Nel, preséntasenos a vida dunha rapaza chamada Ánxela que, dende que coincide con María, da un xiro de 360 grados. Esta novela fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Dende diversos puntos de vista ponse de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira. 
   Este libro non foi ben recibido, xa que pensabamos que a autora mezclou demasiadas cousas, como mortes con relaciones amorosas que a nós non nos tiñan sentido. 
   Houbéranos gustado máis un xiro dos acontecementos, porque, como en “Crónica de una muerte anunciada”, sabíase dende o principio o que lle acontecera á protagonista. O que non se sabía era como sucedera. 
    Aínda que nos pareceu un libro “confuso”, gustounos que se foran alternando os capítulos, tratando un o presente dende diferentes puntos de vista e sendo o seguinte un flashback. 
    En conclusión, a gran maioría non lles pareceu un libro ao noso nivel de lectura e pensamos que era demasiado predecible. 
    Aínda así, recomendámolo xa que pódese pasar un bo tempo de lectura e é unha novela sinxela e rápida de ler, pero aconsellamos que se lea lentamente para poder entender todas as ensinanzas acerca da vida que a autora intenta explanar. 
Por Sofía, 3º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario