lunes, 20 de junio de 2022

Lo que pensamos, lo que hicimos, de Lea-Lina Oppermann

     Vivimos nun mundo de sobresaltos preguntándonos cando volverá a ocorrer a  seguinte matanza nun colexio, nunha mesquita, nunha sinagoga… Se ademais a mala fortuna cébase  sobre nenos ou adolescentes, a sociedade sofre, dase golpes de peito, amosa as súas condolencias e volve ás súas casas ata a próxima vez. Non queremos buscar a orixe, pero o xerme do odio e a indiferenza está oculto na colectividade, nas familias cunhas normas laxas e nos colexios que actúan como garderías. E, mentres tanto, seguen medrando e educándose ao amparo das redes, onde aprenden a opinar, a calificar e a odiar.

   A novela de Oppermann é creíble e sorprendente, dá a sensación de que é unha representación, non un relato. Os actores comparecen por separado nos distintos actos arroupados por un coro que ten unha vista panorámica da situación: están sós pero acompañados. Cada personaxe debe encararse co seu fado, unha proba final na que están espidos frente ao destino como os heroes clásicos. E de ahí sairá unha lección de vida.

    Só esperamos que todos os adolescentes poidan ler este libro.

viernes, 17 de junio de 2022

Vémonos aló enriba, de Pierre Lemaitre

 


A historia que nos conta Nos vemos allá arriba, de Pierre Lemaitre, nos últimos días da 1ª Guerra Mundia, no ano 1918, nas trincheiras do bando francés. Alí aparecen os tres personaxes que protagonizan a novela: Albert Maillard e Édouard Péricourt, dous soldados que apenas se coñecen entre si pero cuxas vidas quedarán unidas para sempre, e Henri D'Aulnay-Pradelle, un aristócrata vido a menos, un tipo narcisista e sen escrúpulos que busca a gloria militar a toda costa, este ordena unha absurda ofensiva que culminará con Maillard e Péricourt gravemente feridos, con mutilacións e graves problemas psicolóxicos. 

A novela ten tintes traxicómicos, mentres nos conta o duro enfrontamento destes protagonistas, como ocorreu con tódolos combatentes tralo fin da Gran Guerra, coa dura realidade dunha sociedade que os condena á miseria e ao esquecemento. 

O autor narra maxistralmente como inician a súa vinganza, todo elo tinxido, no fondo, dunha profunda crise antibélica.

Por suposto, a novela gustounos moito, tanto polos apuntes cómicos como por ese alegato contra a guerra, que hoxe máis que nunca é necesario.

Por Beatriz  (4º ESO)


lunes, 13 de junio de 2022

14, de Jean Échenoz

 Despedímonos do Club de Lectura por este ano, falando do libro 14, escrito por Jean Echenoz .


Este é un libro histórico que relata a Primeira Guerra Mundial, dende o punto de vista de cinco amigos. O libro amosa moi ben cómo os franceses esperaban rematar a guerra nunhas semanas, coma calquera outra guerra, e como despois atopáronse metidos en trincheiras, escavadas no chan, rodeados por ratas, afundidos na lama, e no medio dun campo de batalla cheo de gases nocivos, bombardeados polo inimigo. As baixas foron máis das esperadas e o romanticismo inicial da guerra desapareceu como os milleiros de combatentes. 

A primeira parte do libro ten un ritmo lento debido a moitas descripcións, polo que o libro non pode gustar a todos os públicos; pero, na segunda parte as descripcións son claras en concisas, e a narración moito máis áxil.

 Por Saúl (3º ESO)