martes, 25 de mayo de 2021

De ratones y hombres, de J. Steinbeck

 

Con De ratones y hombres, a adaptación da novela de John Steinbeck que realizou a ilustradora francesa Rébecca Dautremer, pechamos por este curso a andaina do club de Literatura e Imaxe. 

 En De ratones y hombres, retrátase a miseria das clases baixas e o interior dos EE. UU. nos anos 30, durante a Gran Depresión. Lennie Small, un home grande e con discapacidade intelectual e George Milton, o seu “protector”, pois é intelixente e observador, percorren California na procura dun traballo. Teñen soñor, mercar unha terra da que sobrevivir. Finalmente son contratados nun rancho e a súa vida e os seus soños complícanse máis do que imaxinaban.
 A novela gráfica, maravillosa e de gran forza visual, encantounos a todas. Algunhas leran a novela orixinal de Steinbeck, e a versión de Dautremer fíxolles entender a historia doutro xeito, porque as ilustracións dos personaxes e do contexto: burdeis, ranchos, paisaxe, son tan expresivos como a magnífica narrativa de Steinbeck. Chamounos moito a atención, precisamente o uso que da cor fai a autora, pois predominan os azuis, vermellos e brancos, iso si moi matizados e escuros, a ton coa narración, que nos recordaron dalgunha maneira á bandeira dos EE.UU. 
 Por outra banda, a novela fíxonos reflexionar sobre a Depresión, non só a dos anos trinta, senón tamén a de agora, ou máis ben a que vimos arrastrando dende 2008. De como as crises sacan o mellor e o peor do home, como empuxados pola desesperación de buscar unha vida máis fácil, podemos desprazarnos a longas distancias, no caso da novela, ou mesmo a outro país, no caso de moitas das que compoñemos o club. Da incomprensión, do desarraigo, pero, tamén, da esperanza. 
 En definitiva, animámosvos a que leades esta historia, tanto no seu formato orixinal, como na adaptación de Dautremer, porque ambas son excepcionales. 
 Por Ada (1º de BAC)

miércoles, 19 de mayo de 2021

A granxa dos animais, de G. Orwell

 Rebelión na granxa é unha fábula de animais que comeza na Granxa Manor, na que o seu dono, o señor Jones, fai traballar a todos os animais e dálles o mínimo para mantelos. Razón pola que o Vello Maior, un porco de avanzada idade,dá un discurso inspirador no que impón o seu profundo ideal de xustiza, pois o seu soño era converter aos seus compa;eros en seres libre e ricos.


Discurso co que se iniciaría unha revolución.Pero,desgraciadamente, aos días morre, deixando á porcos Bóla de neve, Squealer e Napoleon ao mando.Os cales crearán o pensamento denominado como Animalismo ((...) catro pernas, bo; dúas pernas, malo (...) ).

Así,a causa do novo réxime, os animais comezaron a realizar asembleas ás agachadas para discutir os asuntos importantes.Asemblea na que se planificou a gran rebelión.

Un día, o señor Jones bebeu de máis e esqueceuse de darlle para comer aos animais.Razón pola que se abriu o principio dunha nova era. Os animais, ante a fame e a inxustiza, uníronse e fixeron unha gran revolución expulsando aos humanos da granxa.

No club de lectura este libro gustou bastante, pois axudou a ver unha parte da historia rusa dunha forma mais clara e realista.

Por Kelly, 4º ESO