sábado, 28 de mayo de 2016

Biblioteca con xardín

Seguindo a recomendación de Cicerón -“se tes unha biblioteca con xardín, telo todo”-, o Club de Lectura do IES Xoán Montes decidiu o martes 24 visitar Mondoñedo e Foz á procura de libros, arte e botánica. 
 Na primeira parada coñeceron a biblioteca do Seminario de Mondoñedo, cunha colección de incunables que para si a quixeran moitos arquivos urbanos. Despois Catedral e Cemiterio Vello, onde se rendeu cumprido homenaxe con versos e memoria aos ilustres xenios mindonienses que alí repousan.
 Pola tarde Castro de Fazouro, pena de tempo, porque o espectáculo é dos que non se esquecen: xa se sabe, non hai praias como as da Mariña lucense. 
A seguir, unha inmersión nun verxel de natureza e arte. O Espazo Caritel, a catro quilómetros de Foz, é moito máis que o taller e a sala de exposición das obras de Caxigueiro. Sen merma de categoría, o seu vasto xardín de centos de especies catalogadas revélase como un lugar de aprendizaxe e solaz, e como un bazar –polo exótico- onde o creador atopa inspiración e materiais para as súas obras. 
 Para finalizar, unha visita á catedral máis antiga da Península Ibérica, San Martiño de Mondoñedo, coas súas pinturas románicas, a súa historia e as figuras escatolóxicas que fixeron as delicias do alumnado. Non se pode pedir máis.

La lección de August, de R. J. Palacio

Aquí estamos, criando fillos e educando a rapazada nun mundo onde o pensamento está acotado por normas e gustos que críamos persoais, e que descubrimos máis tarde que cedo que responden a cánones, estereotipos e modas. Como te saias da norma, como teñas a menor eiva, serás a diana sobre a que os demais dispararán os seus dardos velenosos. Non importa saber quen es, senón que podes chegar a ter e como te ven os demais.
 O libro de R.J. Palacio intenta retirar ese flequillo do que fala o protagonista, que non só serve para que non o vexan, senón tamén para tapar as cousas que non quere ver. Tampouco nosotros queremos ver, mellor que aparten a todas esas persoas cun síndrome que só afecta ao seu físico, que non se mesturen cos demais. Está claro que a súa soa presenza nos incomoda. Non vaia ser que falemos con eles e descubramos a unha persoa intelixente ou graciosa…ou normal. Como afirma o protagonista “os meus pais tampouco me ven como alguén normal. Para eles son alguén extraordinario”. 
La lección de August impresionou aos lectores do Club, fíxolles pensar e sentir. Como adolescntes que son, recoñeceron que o aspecto físico é moi importante para eles e sentiron empatía co protagonista. Con todo, pareceulles pouco profundo - despois din por aí que a xente nova é moi superficial -, seguramente porque non hai un seguimento reflexivo da enfermidade, ou por esa familia demasiado amable, comprensiva e cariñosa. Eles intuían, e con razón, moitos máis problemas aínda na vida real.
En fin, o libro tráenos moitas reminiscencias de obras que non debemos deixar de recomendar, como O fantasma da ópera de Leroux, Frankenstein de Mary Shelley, O home invisible de H.G. Wells; tamén películas como O home elefante ou A parada dos monstros (ambas con personaxes reais), ou as máis recentes Videodrome, A mosca, Darkman, ou O cabaleiro escuro, que tratan sobre a desfiguración do ser humano.

martes, 24 de mayo de 2016

El tesoro de Barracuda, de Llanos Campos

Que pasa cando o verdadeiro tesouro non refulxe nin tintinea? Cando, a pesares de que ninguén lle daría valor por si mesmo, con todo, só o feito de conseguilo, abriría portas e conlevaría seguridade e poder?
 A un fato de piratas, evidentemente, nunca se lles pasaría pola cabeza, porque os piratas, queridos lectores, non saben ler. E se os da nosa historia queren aprender, será únicamente para atopar pistas nun libro que os levará ata un tesouro codiciado. Se non, para que quererían saber ler, se son uns desalmados, uns ladróns e asesinos despiadados, sen familia, sen fogar, sen amigos nin patria? 

 Pois mesmo iso tamén depende de como o mires, dado que no libro de Llanos Campos non podemos deixar de querer a eses corsarios que rompen cos estereotipos; porque neste relato hai amizade e amparo, respeto e reconciliación, honor e bravura.
 Moito nos rimos coas idas e vidas dos piratas en busca de fortuna, cos seus receos e desafíos, co descubrimento do libro que volteará o seu mundo, porque non só coñecerán a maxia de saber ler - (a escena do primeiro letreiro que len na cidade é antolóxica, cando o capitán di: “¡es una posada! ¡Antes no estaba aquí, pero ahora es una po-sa-da” ) - senón tamén o valor do esforzo, a solidariedade e o traballo en equipo (aínda que sexa desternillante ver a adultos facendo cola e pelexando por ser os primeiros en aprender).
 Ah, os libros dentro dos libros! velaquí outra historia con dúas historias, unha que se narra e se vai desfiando no tempo real, e outra oculta nun libro que pode conducir aos protagonistas ata o tesouro, un misterio tan preto deles e tan lonxe á vez…ata que as letras deixan de ser un enigma para todos. Algo máxico, único, indescriptible, esa entrada a un novo mundo que estaba vedado para ti. Eles rían e choraban, non é de extrañar. 
 Gustounos moito este libro de piratas inmerso nun mundo sempre atractivo para os nosos pequenos lectores por estar cheo de aventuras e paisaxes exóticas. Ademais, O tesouro de Barracuda tamén é un relato de iniciación como A illa do tesouro de Stevenson, no que un neno se fai maior nun mundo hostil rodeado de perigos. Por iso non dubidamos asimesmo en recomendar a lectura do clásico aos membros do noso club de lectura.

E aquí vai unha entrevista coa autora na que se fala deste libro

lunes, 23 de mayo de 2016

Toda la verdad que hay en mí, Julie Berrie

Toda la verdad que hay en mí es un libro escrito por la autora Julie Berrie autora de otros libros como The passion of Dolssa. Esta autora creció en el oeste de Nueva York como la más pequeña de siete hermanos. 
En este libro conocemos a Judith una joven que desaparece junto con una amiga suya. Años después Judith regresa al pequeño pueblo mutilada y con muchas sospechas encima suya además de ser ignorada por aquellos que fueron su familia y sus amigos. 
Judith a pesar de todo es incapaz de olvidar el amor que siente por Lucas, un joven del pueblo al que siempre ha querido en secreto y al que va dirigido este libro en forma de cartas. Judith nos ha hecho sentir diferentes emociones a lo largo de su historia como pueden ser tristeza, alegría, rabia... 
Es una historia donde hemos podido ver como diferentes mujeres podían ser manipuladas y sumisas pero también se ve como las propias mujeres podían llegar a ser machistas a la hora de actuar en diferentes casos. A día de hoy aun podemos ver como la situación referente a la mujer no ha cambiado mucho ya sea por la educación que se les da como con los medios de comunicación que cada día se utilizan mas, está en nuestras manos que los fallos que se han ido realizando en el día a día no se vuelvan a repetir. 
Por Melanie, 4º ESO

miércoles, 11 de mayo de 2016

El crimen del triángulo equilátero, de Emili Teixidor

Comezan as clases e Judit unha alumna pertencente a un colexio moi prestixioso de competicións deportivas, cóntanos o sucedido. 
Todo empeza cando Tomás Nago un mozo dos Estados Unidos de América chega novo ao colexio.
 Un día repentinamente descóbrese que falta unha copa que o equipo do colexio gañou en 1952. Desde aquel día quéimanse fotos e áchanse o que parecen ser triángulos equiláteros debuxados! 
Para atopar ao malfeitor que está a efectuar tales fechorías, créase un grupo de investigación con catro alumnos, un policía e unha psicóloga.
 Ao final descóbrese que os culpables eran os profesores de ximnasia e que tiñan relación cos Nazis. 
Para finalizar gustaríame dar a miña breve opinión persoal sobre o libro. Paréceme que é un bo libro, ademais gústanme bastante as historias de suspense, recomendaríallo a toda aquela xente que teña as miñas mesmos gustos. 
Por Enriqu, 2 º ESO