domingo, 24 de junio de 2018

Nais



Os libros lidos durante este curso, no club de profesoras,  teñen en comun varias cousas: o desacougo sempre producido en situaciones familiares, coa presenza/ausenza da nai e con os fillos como fío conductor e as relacións matrimoniais fracasadas.
O neno desexado por unha parella que non pode ter fillos nunha sociedade "distópica" - ou non- no "Cuento de la criada", o rapaz que se nega a comer porque teme ser devorado nun mundo de adultos en "Orfancia" ; a ausencia da nai e abandono dos seus tres fillos como telón de fondo nunha situación extrema en "Los perales tienen la flor blanca"; a nai que decide retomer a súa vida laboral e contrata a unha muller que toma as rendas da familia ata extremos insospeitados en "Canción dulce"; a muller que desexa ter unha filla e que tranforma a súa realidade vital para tratar de escapar dunha vida familiar que non lle satisface en "No, mamá, no" e eses dous irmáns que loitan pola súa supervivencia nun pozo simbólico no que foron arroxados pola súa nai, en "El niño que robó el caballo de Atila" e, por último, e como contrapunto a esa irrealidade, o fillo morto, vítima dun cancro , e os desvelos dos seus pais para poder saír adiante en "La hora violeta".
En suma, unha visión poliédrica das familias no mundo actual.

lunes, 11 de junio de 2018

Cuentos cruentos, de Dino Lanti


 É un libro no que se recollen diversos poemas nos que o autor, Dino Lanti, é quen de plasmar, mediante un ton sarcástico-humorístico, diversos aspectos da vida cotiá. Chegando a facer unha crítica sutil de moitos deles. Ademáis, utiliza unha linguaxe moi sinxela que facilita a súa lectura. 
   En xeral, Cuentos Cruentos, foi un libro que gustou á maior parte do club de lectura. É un poemario divertido e rápido de ler (a maior parte de nós tardou como moito dúas horas en rematalo). Cunha incrible capacidade de disimular nos seus poemas, grazas ao ton satírico, o profundo significado que estes conteñen. Moitas das historias contadas deron moito que pensar. Aquí tedes unha mostra:
 ''Apaga a ratos el móvil,
 que conste que te he advertido,
 pues cuando llama el amor
 lo hace a cobro revertido.''
 Se o que queres é pasar un bo rato e escachar ca risa, este é o teu libro. Atréveste a lelo?
Por Carlota, 4º ESO

miércoles, 6 de junio de 2018

Programa de Radio Cultura Clásica

O club de lectura de Clásicas tivo como proposta este ano a relación entre o mito e o deporte. Con variadas lecturas de mitos clásicos, como o de Atalanta para a carreira, o de Ulises para o tiro con arco, o de Jacinto para o lanzamento de disco e outros, tentamos que o alumnado se mergullase dunha maneira lúdica nas orixes da nosa civilización.
 Como broche final, buscamos o precedente literario das grandes competicións deportivas actuais. Os nosos alumnos convertéronse por un tempo en comentaristas deportivos para narrar os xogos funerarios en honor a Patroclo, cantados polo poeta Homero na súa Ilíada. Xunto co texto orixinal usamos o cómic A Ilíada de Roy Thomas coa intención de que lesen en distintos formatos. E tras adaptar o texto, modernizándoo, o resultado final converteuse nun programa de radio deportivo que gravamos no propio instituto. 
Podedes escoitalo aquí:

martes, 5 de junio de 2018

De Fábula, de Juan P. Heras

O libro co que rematamos o curso do club de lectura de terceiro da ESO foi este, de Juan Pablo Heras. 
 Este libro, que nos permitiu entrar en contacto co xénero do teatro, algo ao que non estamos acostumaos, estaba baseado nas fábulas de Esopo e por cada fábula de Esopo inventaban unha historia teatral relacionada dun instituto ou de persoas do mundo contemporáneo.
 En xeral , gustou moito, sobre todo ás persoas que se vían identificados en historias. Unha da que máis triunfou entre nós foi a da clase antes do exame na que aparecía o que pensaba cada un, en concreto, gustou moito o neno disléxico. Outras que tamén gustaron foron a da biblioteca e a de dous profesores nunha cafetería. 
 As principais sensacións deste libro foron positivas, xa que a moita xente lle pareceu moi interesante e divertido, mais houbo algunha persoa que lle pareceu moi aburridas a parte das fábulas de Esopo e que as suprimiría no libro. 
 Con el acábase o curso do club de lectura e repasando todos os libros que lemos, o que mais lle gustou á xente foi o da Cabeza da Medusa e o libro de poesía Consumir Preferentemente

Por Brais, 3º ESO



Este libro en xeral gustou moito, na reunión falouse de que o teatro non é un xénero moi lido polos rapaces da nosa idade, e que grazas a este clube puidémolo acceder a el.
 O libro, partindo das fábulas de Esopo, trata de varias escenas cotiás que se presentan a rapaces da nosa idade, como son os momentos previos a un exame, ou atoparte a rapaza que che gusta na biblioteca, todo isto levado ás fábulas cunha moralexa ao final, como di o propio autor "el teatro para niños y adolescentes está sobrecargado de paternalismo y pedagogía pelmaza (…)
De fábula quiere trasladar a la escena la realidad adolescente con la intención explícita de no enseñar lección alguna" É un libro moi entretido, que nos divertiu moito, moi doado de ler, e estou segura de que probablemente sentiraste identificado con moitas escenas que presenta Juan Pablo Heras, o autor deste libro.

Por Carmen, 4º ESO

domingo, 3 de junio de 2018

Míster cuadrado, de Anna Cerasoli

En esta nueva aventura, Filo, el niño que conocimos en "La Sorpresa de los libros", descubrirá junto a su abuelo el asombroso mundo de la geometría.
Comprenderá la importancia de esta y su transcendencia a lo largo de la historia, además de darse cuenta de que todo lo que nos rodea es pura geometría.Él, como muchos otros niños y no tan niños, no le daba importancia a la geometría ni a la relación que pudiera tener con las matemáticas; por ello os animo a leer este libro y conocer este mundo del gran universo de las matemáticas.


Por Adrián, 1º ESO

sábado, 2 de junio de 2018

El polizón del Ulises, de Ana Mª Matute

   
En 2014 un xuíz arxentino dictou unha curiosa sentencia - eu diría sensata – pola que obrigaba a uns pais a poñer fin ás súas disputas pola custodia dos seus fillos menores. O xuíz determinou que ambos proxenitores deberían ler un día por semana cos seus fillos O Principiño de Antoine de Saint-Exupéry na Corte de Xustiza, para “recoñecer aos seus fillos como persoas”. Ademais do clásico do escritor francés, tamén terían que ler os Dereitos dos Nenos e A ética para Amador de Fernando Savater.

    Tomamos a broma aos nenos, mandámolos calar, ou peor, pechamos as súas bocas – e de paso o raciocinio – con aparatos electrónicos e realidade virtual. Non falamos con eles, non lles contamos o que pasa nin o que pasou e non lles inculcamos valores (os de sempre, home, que non hai que matarse moito).

   Por iso o libro de Ana María Matute destaca entre todos os que temos lido este ano no Club de Lectura de 1º da ESO. Os personaxes son moi interesantes: un neno abandoado ao nacer, tres mulleres que o crían e un preso. Pero ningún deles son personaxes estereotipados. O neno non ten amigos nin vai á escola, as tías son tres irmáns con personalidades diferentes pero moi alonxadas dos arquetipos da época, e o preso é un tipo rudo de bon corazón.


   As tías educan ao neno en liberdade, pero con límites e deberes. Cada unha delas intenta inculcarlle ao neno o que máis estiman: a cultura, a boa educación e o traballo. Con estes alicerces o futuro estará ben asentado. Se ademais engadimos o amor á natureza e aos animais, a solidariedade e moita imaxinación, esta novela infantil non deixa indiferentes aos lectores.

   Para inculcar valores hai que falar moito cos fillos, procurando velos como interlocutores válidos. A iso referíase aquel xuíz arxentino.

   E se non, os nosos cativos pensarán, igual que O Principiño, aquilo de que “as persoas maiores non poden comprender nunca por si mesmas, e é molesto para os nenos ter que darlles sempre explicacións”.