martes, 28 de mayo de 2019

Vacío, de Anna Llenas

En todas as vidas hai perdas, pero tamén hai portas para saír. Non só podemos saír da adversidade, senón que lle podemos atopar un sentido. 
Imaxe da cuberta
 Con este libro, aprendemos a palabra "resiliencia", aínda que non aparece escrita en ningunha das súas páxinas. 
 Júlia, a protagonista do libro, é una nena normal e feliz. Pero un día, a súa felicidade e tranquilidade desaparece e ela empeza a sentir un gran baleiro.
 Como non nos din o que lle pasou a Julia , cada un e cada unha de nós quedouse pensando de onde podería vir ese baleiro, e foi moi interesante comprobar como, se miramos cara dentro, atopamos moitas explicacións diferentes, porque as nosas vivencias persoais son distintas unhas das outras. 
 No libro, o baleiro aparece  como un buraco que atravesa o peito da nena, e invádeo todo, de frío e de monstros. Así que ela tenta enchelo, tapalo, borralo, para que desapareza. Proba con moitos tapóns: comida, unha mascota, un novo amor, regalos e cousas materiais, novas tecnoloxías, e ata deporte... Cousas que non son malas pero que non lle funcionan, e o baleiro aínda medra máis. 
 Cando a nena se renda e deixa de buscar "tapóns" para o seu buraco, é cando a tristeza chega: unha tristeza grande, grande... 
Imaxe do interior onde vemos a protagonista rodeada de diversos obxectos
 E despois de chorar o que quixo, por fin comprendeu que debe mirar dentro dela doutra maneira, porque ningunha solución que veña de fóra lle servirá. A SOLUCIÓN ESTÁ DENTRO DELA! Descobre que ten dentro un mundo marabilloso, e que pode superar esa perda que tanto a mancou e estar mellor consigo mesma. Desa maneira, sen darse conta, tamén estará mellor cos demais, porque agora ela sabe que é única e auténtica.
 Este libro fíxonos pensar moito. Mentres o estabamos lendo, faciamos moitos silencios porque é un libro para ler mooooooooi amodiño. 
Oxalá vos animades a lelo¡

Club de lectura inclusiva

No hay comentarios:

Publicar un comentario