martes, 20 de diciembre de 2016

El rey Matías I, de JANUSZ KORKZAK

Matías é un neno, soamente ten dez anos e como tal actúa, gústalle xogar e as únicas preocupacións que ten son facer amigos. Pero a súa vida cambia por completo coa morte do seu pai, o rei, quedando só. Agora sendo Matías o único sucesor queda ao seu mando todo o reino. Con este cargo, o raparigo quere ser un gran reformador, cambiar as cousas, darlle maior protagonismo aos nenos, aínda que vai dándose conta de que pouco podería cambiar coa chea de ministros preguiceiros, corruptos e mentireiros que o rodeaban e que para manter o seu poder, obrigaban a Matías a vivir á marxe do seu pobo, e supeditado a tódalas pesadas costumes do palacio.
 Pero estala a guerra, e o agora rei, aínda que todavía neno, decide escapar para alistarse co exército e axudar ao seu país. Alí descubre que todo o que lle contaran acerca do seu pobo era mentira, máis, volve coma un heroe, e decidido a reparar e reformar o seu reino. Como proba de amizade viaxa ás terras dos tres reis veciños, descubrindo que todos eles son persoas normais e comprendendo que cada un vive coas súas costumes e que sempre deberían ser respectadas as súas distintas formas de vida. 
En xeral, o libro gustou bastante. Unha das cousas máis comentadas foi a sorprendente transformación do personaxe principal, Matías. Crece, desde a súa inocencia infantil do comezo, un tanto egoísta ás veces, ata comezar a pensar nos demais, a ver a realidade, decidido a ser un bo gobernante. Aínda de que non deixa de ser un neno por completo, as súas principais preocupacións deixan de ser que todos os nenos poidan tomar chocolate todos os días e que o seu país teña o mellor zoo do mundo. 
Unha das cousas que máis gustaron foi a creación dos dous parlamentos que fixo Matías, un para os adultos e outro para os nenos, para que tamén tivesen voz. Este libro de Janusz Korkzak fai referencia á corrupción do mundo real enfocándoo dende o punto de vista dun neno cheo de inocencia. Kokzak fundou e dirixiu un orfanato para nenos xudeus en Varsovia, cando o exército alemán invadiu Polonia, el tendo a oportunidade de salvarse quedouse cos nenos e morreu con eles.

Por Alejandra Teodoro 3º ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario