miércoles, 22 de noviembre de 2023

A cabeza da Medusa, de Marilar Aleixandre


A Cabeza da Medusa
de Marilar Aleixandre foi o libro co que comezamos o Club de Lectura de 3º da ESO para o curso academico 2023/2024.

No libro relátase a historia de dúas rapazas, Sofía e Lupe, que unha noite foron violadas por dous rapaces. A novela continua narrando o que estas nenas sofren no instituto, igual que ao mesmo tempo narra momentos paralelos doutros personaxes como o de Jessica ou Rubén, e tamén a reacción dos pais.

A todas gustounos moito o libro, ainda que tivemos opinións dispares nalguns momentos. Todas estabamos de acordo que nunca nos subiríamos ao coche dun estraño, aínda que pensemos que é coñecido, que foi o que lles ocorreu ás protagonistas, xa que non sabemos onde pode estar o perigo. Tamén estabamos de acordo que a actitude dalguns compañeiros e profesores non era a correcta e tamén a dispar reacción dos pais das dúas rapazas.   Ademais consideramos que no libro tamén se reflicte o machismo, polo que algunhas de nós, pensábamos, que eran os homes os que as criticaban.

     Eu recomendaría o libro, por que narra momentos da vida cotiá, e unha situación que podería pasarnos a calquera de nós. Tamén o recomendaría, por que é moi sinxelo de ler e unha vez estás dentro da historia, non podes parar de lelo.

Por Candela, 3º ESO

martes, 14 de noviembre de 2023

La importancia del primer cero, de Oti Rodríguez Marchante y Carmen Segovia

 Andrés, Iñaki, Fredi e Paula son catro amigos que se reúnen para preparar e presentar un proxecto de investigación de ciencias. Todos acaban de cumprir os dez anos, e cada neno experimenta este suceso de maneira completamente distinta: dende os cambios na maneira de Andrés de relacionarse cos seus amigos ata as interaccións entre Iñaki e o seu irmán, o libro está composto por catro contos que exploran as tranformacións que cada pequeno percibe ao seu redor.

Maxistralmente ilustrado e con bos toques de humor, a compilación resultou amena aos nenos do club: a pesar de ter algo máis de 10 anos, sentíronse identificados cos protagonistas, recoñecendo as sensacións descitas nos relatos como sentimentos propios. A orixinalidade e o respecto dos autores ao tratar temas como o síndrome de “O cristal” fan que o libro sexa unha lectura agradable e sinxela para calquera idade.