lunes, 24 de febrero de 2020

Thornhill, de Pam Smy

Nesta asemblea do club de lectura de 4º da ESO e 1º de BAC reunímonos para comentar a novela gráfica “Thornhill” da autora Pam Smy. 
 A trama intercala presente e pasado para contarnos unha historia de bullying. Preséntansenos dúas protagonistas femininas con vidas similares: ambas séntense soas e abandonadas e carecen de amizades. A primeira, Mary, é unha rapaza orfa que sofre abusos por parte das súas compañeiras de orfanato. Os seus únicos momentos de paz son aqueles en que confecciona as súas marionetas, as cales son as súas únicas amigas. A súa historia coñecerémola a través dun diario. Despois está Ella, cuxa historia coñeceremos a través de ilustracións. Ao comezo da novela múdase preto do orfanato; xa abandonado. Dende ahí irá descubrindo a vida de Mary... 
 Ao comezo, a trama avanza lentamente e dásenos tempo de coñecer os personaxes, o cal foi bastante acertado en canto a que amosaba de forma realista o que sofre unha vítima de bullying. Achegándonos ao final a historia decae, xa que se sinte moi precipitado e pouco argumentado. Un factor moi importante da historia foron os adultos, que se mostran ausentes e carentes de empatía. Algúns, como a profesora ou Kate, ven o que está a pasar, pero deciden non inmiscirse porque Mary nunca pide axuda e non queren problemas. Tamén destaca o pai de Ella como unha figura adulta ausente. Isto sustenta, de certa forma, a decisión final dela. Por último, fai falta mencionar á acosadora, quen ten unha trama inconclusa. Porén, esta foi unha decisión acertada, xa que deixa lugar ás interpretacións que lle queira dar o lector; sen enaltecer ou condenar a ninguén.
 En resumo, a obra tivo un bo comezo, mais foi decaendo conforme se achegaba ao seu final. A representación dos personaxes, sobre todo dos adultos, foi un dos seus mellores puntos e axuda a que o lector sinta empatía coa situación que se está a vivir. 
Un libro recomendable para aqueles que ven máis aló da historia.
Rachel, 4º ESO

lunes, 10 de febrero de 2020

Cuando pasé al oro lado del muro, de William Sutcliffe

O luns 10 de febreiro, o club de lectura de 3º reuníuse para falar do libro Cuando pasé al otro lado del muro, escrito por William Sutcliffe. 
 Este libro falaba dun rapaz chamado Joshua, o cal vivía nunha cidade dentro dun enorme muro onde “todo era perfecto”. Pero un día, Joshua decidíu descubrir o que había ao outro lado do muro, onde a xente vivía moito peor que nesas cidades supostamente perfectas, e sendo atacadas constantemente por estas. 
 Na reunión, falamos de que a historia non é tan ficticia como parece. Un exemplo pode ser que nesas cidades había unha relixión predominante, o que nos fai darnos conta de algo que ocorre na realidade: non aceptar ás persoas dunha relixión distinta ou que non creen en nada. Outro exemplo pode ser como os mandatarios das cidades ignoraban á xente de fóra que precisaba axuda, e incluso as atacaban sen elas facer nada. Podemos comparar estas situacións coa realidade perfectamente. 
 Outro tema a falar na reunión foron os personaxes, como a nai do protagonista. Esta muller parecíanos que non se preocupaba do seu fillo, pero démonos conta de que era máis do que aparentaba. 
 María (3º ESO)

lunes, 3 de febrero de 2020

Basura, de Gerda Raidt

     Abres o libro e a imaxe impáctate: trátase dunha das vías para chegar ao cumio do Everest, a máis alta e a máis fermosa montaña do planeta. E daste de conta de que é un vertedeiro; os miles de alpinistas que alí chegan levan décadas acumulando 50 toneladas de varredura. 
O planeta xa non aguanta máis, e xa vai sendo hora de facer chegar á poboación, sobre todo aos cativos, os homes e mulleres do futuro, uns cantos datos que non coñecen ou non lles deixan coñecer.
O libro de Gerda Raidt é didáctico, ameno, magnífico. Explica de onde procede e a onde van os nosos desperdicios, se os ocultamos ou os reciclamos, e o por que de envíalos a outros países - aos pobres, claro- para que os nenos de alí enfermen, e non os nosos. O terrible das moreas de residuos no mar, no espazo, na Lúa. 
Pero o libro tamén presenta grandes oportunidades, o refugallo pode ser tamén un laboratorio para achegarnos á vida dos homes e mulleres prehistóricos e dos animais xa desaparecidos. En positivo, podemos ensinarlles ás novas xeneracións a importancia da reciclaxe, a conservación dos espazos naturais, a non proliferación do reboutallo radioactivo. Esta viaxe que nos propón a autora alemá é unha das últimas oportunidades que nos quedan, a pracenteira divulgación pedagóxica. Neste caso, un grito contra a negación. 

lunes, 20 de enero de 2020

Rula busca su lugar, Inseparables e Juul

Nesta reunión do Club de Lectura “enfrontámonos” a tres álbumes ilustrados: Inseparables e Rula busca su lugar, ambos con ilustracións de María Girón e texto de Mar Pavon. E, o terceiro libro foi Juul, escrito por Gregie de Maeyer, e con ilustracións de Koen Vanmechelen.
 Ao principio non entendíamos o porqué de ter que ler “libros infantís”, nós que xa vamos nos últimos niveis do instituto, porén, pronto nos demos conta da capacidade das imaxes para transmitir a narración, e sobre todo, até que punto a escaseza de texto non restaba nin un átomo de forza á historia. 
 Os tres álbumes ilustrados falan de aceptación. A nós mesmos, así vemos como Juul non é quen de cumplir as expectativas dos demais, e a visión que nos dá o autor deste feito terá un final dramático. En Inseparables, Clara, a protagonista, todo o contrario que Juul, dá unha lección de adaptación ás propias limitacións, fainos partícipes da súa felicidade. Pola súa banda, Rula consegue, coa forza das imaxes, dar a visión dos inmigrantes sobre unha nova cultura e de como son recibidos nos países aos que acoden buscando unha vida mellor, así como de aquelo que abandonaron e deixaron atrás.
 Juul, un libro aparentemente infantil que sen embargo é capaz de reflictir tan duramente o tema do bullying, tan presente na adolescencia e os centros escolares. 
Os tres álbumes suscitaron fondos debates, sobre eses temas, sobre como nos ven os demais, como xulgamos aos diferentes, o difícil que é encaixar. Sobre todo pareceunos moi duro o de
 Sara, 4º ESO

lunes, 13 de enero de 2020

Aplicación instantánea, de Carlos Negro

Comezamos o ano 2020, falando no Club, dun libro cheo de poemas que nos veñen a falar de obstáculos diarios, feminismo e machismo, violencia de xénero, adolescencia, como feren as palabras incorrectas ou como ninguén neste mundo vén ser perfecto; todos estes problemas que nos atormentan ou estresan día a día están recompilados neste marabilloso libro, Aplicación Instantánea de Carlos Negro .
Na nosa opinión este libro pode servir para que a xente (especialmente os adolescentes) se identifiquenco cos versos do autor, e nalgúns casos pode axudarnos a comprender malas ou difíciles épocas da nosa vida. Doutra banda cremos que é un libro marabilloso e moi expresivo,conseguindo que con poemas de poucas palabras, espértense diversos sentimentos e emocións en nós. En resumo o libro é moi bo, ten un moi bo vocabulario (é entendible) e ademais é moi elocuente. 
 Sara (3º ESO)

miércoles, 25 de diciembre de 2019

Kolia, de Leandro Pérez

En esta novela se pueden diferenciar tres  partes; la presentación del protagonista principal, Kolia, el suceso inesperado y por último el desenlace ¿esperanzador?
 Una cita de Michael Jordan que aparece en el libro, nos gustó a todos: “Algunas personas quieren que algo ocurra, Otras sueñan que pase, otras hacen que suceda”.
 Es una Historia de superación personal, donde se abordan otros aspectos como la relación con las chicas, el apoyo de la familia y los amigos. 
 Este libro te hace sentir que es posible alcanzar logros o metas que están lejanas si trabajamos con ahínco por alcanzarlas y que no intentarlo, no es una buena opción. Todo ello contado en primera persona y de una forma muy amena, desde la perspectiva de un chico de 14 años. 
¡ Os animo a leerlo habla de la pasión por un deporte y por momentos su lectura resulta cautivadora!
Por Ángel, 1º ESO

jueves, 19 de diciembre de 2019

En el corazón de las tinieblas,

No Club, nesta ocasión limos unha adaptación realizada polo guionista Stéphane Miquel e o Debuxante Loïc Godart da novela 'El corazón de las tinieblas', escrita por Joseph Conrad no século XX. 
 Narra a viaxe do mariñeiro Charles Marrow dende Londres ata o centro do Congo, levado polas ansias de coñecer a Kurtz, un dos máis significativos comerciantes de marfil da época. Conrad busca facer, mediante esta viaxe realizada polo seu protagonista, unha forte crítica á brutalidade do imperialismo occidental e á crueldade dos colonos cos nativos, os cales eran considerados inferiores e obrigados a facer traballos forzados. 
O relato foi inspirado no medio ano que pasou o autor nese mesmo lugar, xa devastado pola colonización do rei de Bélxica Leopoldo II. Aos membros do clube de lectura pareceunos unha novela gráfica que, a pesares de ter moitas imaxes, foi de difícil comprensión, o que causou un gran impacto debido a que non estamos acostumados a ler este tipo de libros. 
Tamén se falou que coa imaxes e as cores utilizadas nelas, pretendíase reflexar a barbarie do colonialismo europeo en África, como o tratamento recibido por parte dos colonos hacia os nativos africanos. Outro aspecto foi a posición do protagonista, o cal era un personaxe máis consciente do que estaba a pasar, pero a súa vez pensa que non pode facer nada.
 E ,por último, falouse de que a muller era representada de diferente maneira dependendo da cor da súa pel, representando a realidade da sociedade da época. En definitiva gustoulles pero a complexidade da novela dificultou para algúns o entendemento da mesma. 
 Alba F. 2°BAC

lunes, 16 de diciembre de 2019

A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre

A Cabeza da Medusa de Marilar Aleixandre foi o segundo libro que limos no Club de Lectura. A novela trata de dúas mozas, adolescentes, que son violadas á volta dunha festa. Pero, isto só é o comezo da súa loita “contra” o mundo: compañeiros, medios de comunicación,… pais. Deben enfrontarse ao resto do mundo como se fosen Medusa. 
 Na reunión houbo moita participación, pois a maioría somos rapazas, pareceunos un tema forte, pois indica a moita dor que pode provocar unha acción a unha persoa, por moi pouco mal co que o digas. Fala da culpa como algo paralizante que che afecta na vida e no teu comportamento, culpa que é debida ás reaccións dos demais, non dos feitos en sí. Plantexounos discusións sobre o noso comportamento ante feitos semellantes e como hoxe en día o uso dos móviles, de aplicacións como Instagram, fannos actuar como cómplices, pois vertemos as nosas opinións sen valorar as consecuencias. 
 Antía (3º ESO)