miércoles, 25 de abril de 2018

A cabeza da medusa, de Marilar Aleixandre


Relátase nel, que unha semana antes da festa de entroido ,nunha clase, Sofía e Lupe coñecen o mito da Medusa. Días despois,chegada a celebración e pasada a noite son violadas nun monte afastado.
   Máis tarde ,veránse afectadas polas críticas recibidas pola parte dos seus compañeiros ,onde se debatirá se a culpa de todo o sucedido a teñen elas ou os violadores. Así,Sofía e Lupe vivirán a súa propia historia do mito da medusa. 
   No noso club, á maioría dos lectores gustoulles o relato ,a maior parte delas rapazas ,xa que pensan que é unha historia moi real que abarca temas da actualidade e que hai valores moi importantes que deberían de estar sempre presentes. Porén ,unha persoa atopouno un pouco monótono e sen intriga que a animase a seguir lendo.
  En canto aos personaxes ,gran parte dixo que os prefiridos eran Sofía e Rubén ,xa que ademais de ter un papel moi importante por separado ,a súa relación de amor era a máis intrigante. En cambio ,Lupe foi o personaxe menos querido ,debido a que na historia os seus repentinos cambios de actitude non foron moi apreciados polos lectores.

  Aquí podes ver un vídeo en imaxes sobre a morte de Medusas por Perseo.

 
Por Yasmine, 3º ESO



O libro de A cabeza de Medusa, de Marilar Aleixandre, inspirada no mito de Medusa, cuxos cabelos se transformaron en serpes como castigo tras ser forzada por Poseidón, trata pois un tema de candente actualidade, por feitos como os de A Manada. Quizais por iso, e porque os rapaces e sobre todo as rapazas, sentímonos idenificados coas dúas protagonistas, Sofía e Lupe, en xeral gustou moito. Na reunión do club,tamén falamos do estilo do escritor que describía todas as sensacións dunha maneira baixo algúns puntos de vista algo fría. Porén, fíxonos reflexionar sobre a importancia de pode axudar a unha persoa que pasara por situacións similiares xa que despois de algo tan traumático segue habendo vida, e esta historia axuda a velo. 
 Ademais, criticamos o papel da prensa que tomou protagonismo pola metade da historia e claramente violaba a privacidade das rapazas que foron agredidas sexualmente. Por outra banda, gustounos moito que as dúas rapazas depois de sofrir aquilo foran a denunciar, xa que é importantísimo avisar á policia se che pasa algo sí ou parecido, ti non tes a culpa, Recoméndovos este libro se queredes entretervos un ratiño e saber algo máis a cerca desta sociedade que tristemente aínda no século XXI existe. 
 Por Carmen, 4º ESO

miércoles, 18 de abril de 2018

El crimen del triángulo equilátero, de E. Teixidor

O libro vai sobre uns nenos, alumnos dun instituto no que rougarona unhas copas dos equipos de deportes. Os nenos terán que desenmascarar ao ladrón dos trofeos para devolvelos ao seu lugar. Gustounos moito porqu é un libro de misterio que os nenos podemos obsrvar dende un punto de vista máis próximo, sentíndonos protagonistas da aventura.


   
 Por Marcos, 2º ESO

domingo, 15 de abril de 2018

Os nenos da variola, de María Solar

    Hai historias reais que superan a ficción, sucesos que ocorren unha vez cada mil anos, logros que están por riba da xente común.
   Se se entabla unha conversa nestes termos, e todos temos que facer reconto (nunca mellor dito), aparecerán no noso maxín retratos de aventureiros e de heroínas, imaxes de batallas gañadas ou arrebatadas e conquistas persoais ou comúns, engrandecidos todos eles polo paso do tempo.
   Pero quen se imaxinaría que uns pequenos abandoados, cheos de necesidade, algún deles mesmo sen nome - non hai maior oprobio para un ser humano -, puidesen ser os protagonistas dunha das maiores fazañas da humanidade? Iso si, a maior gloria da súa Maxestade, Carlos IV, que os reclutou nos hospicios galegos para transportar nos seus maltratados corpos a vacina da variola nunha época na que non había sistemas de refrixeración. 
   A Coroa española ofreceulles a eses nenos unha vida mellor por unha travesía que foi un inferno e unha viaxe polo continente americano que significou a morte para moitos deles. Ademais, dos que lograron salvarse, moitos regresaron a unha vida de miseria en orfanatos inmundos. 
Crédito: https://bit.ly/2HzUXSh 
   A Real Expedición Filantrópica de Balmis, o médico da corte real, (co apoio da rectora da Casa de Expósitos Isabel Zendal, que voluntariamente cuidou aos nenos naquela odisea) foi a primera expedición sanitaria internacional da historia, e o relato dos feitos non se pode contar mellor que o conta a escritora galega María Solar
   As vacinas seguen a salvar a vida de millóns de persoas no mundo, e con todo, recórdovos que o monumento a eses 22 heroes 
que se atopaba no dique de onde partiu en 1803 aquel barco en O Parrote, A Coruña, acaba de ser desplazado por unha escultura de catro metros da Virxe do Carme. Cousas veredes, Sancho amigo…

martes, 20 de marzo de 2018

Ojos y espías, de Tanya Lloyd

Este libro divulgativo, de Tanya Lloyd Kyi, resume a situación de vixiancia dixital que se vive cada vez que unha persoa, cando nós, subimos unha fotografía nunha rede social ou no momento que prememos nun anuncio en Youtube, nun vídeo que nos interesa.
 Non vos preguntades que fan as empresas informáticas con esa cantidade de datos que acumulan de cada persoa? Ou o fácil que é descubrir a idade, a dirección ou mesmo o contrasinal dos teus correos? O libro, cóntanos ou mellor infórmanos e prevén de todos os perigos, non só os visibles, que se atopan na Internet.
 Grazas a el o noso club de lectura aprendeu o importante que é informarse sobre as cousas que nos rodean, aínda que sexan coñecidas, por iso recomendamos a cada persoa que posúa unha conta aínda que sexa de Gmail que o lea e goce aprendendo.
 Aquí vos deixo este vídeo coas dez claves para usar a internet con seguridade.


 
Por Niulka, 3º ESO

miércoles, 7 de febrero de 2018

La fórmula preferida del profesor, de Yoko Ogawa

En  xeral, a todos (os do clube de lectura) gustounos moito. Fala do amor incondicional dun neno por un vello profesor que padece unha enfermidade e non retén as cousas durante moito tempo. Ao longo do libro podemos apreciar como un vínculo precioso vaie forxando entre a nai do neno (a asistenta do vello) o neno, e o vello. Os tres disfrutan das matemáticas e da vida, dunha maneira peculiar pero moi tenra.
Anímovos a lelo, porque merece a pena!
 Por Carmen, 4º ESO

lunes, 5 de febrero de 2018

Europa express, de Andrea Maceiras

Neste libro do club de lectura, Andrea Maceiras, cóntanos en Europa Express a historia dun grupo de rapaces, Aroa, Xacobe, Nico, Beatriz, Óscar, Piero e Mía, que ao acabar o bacharelato deciden facer unha viaxe en interraíl por Europa.
 A través da viaxe podemos ver as súas experiencias pero tamén as súas personalidades, o libro que dá saltos no tempo, cóntanos a vida dez anos despois deses rapaces, xa adultos, e como lles afectou a morte dun deles, Xacobe, un dos máis carismáticos.
 A nós o libro gustounos, sentímonos identificados con Nico e con Aroa, e, en xeral, caíanos mal Mía. A autora logrou que fósemos vendo a evolución dos protagonistas e que vísemos o valor da amizade, da liberdade, do amor.
Por  Alberto  (3º ESO)

martes, 16 de enero de 2018

SWEET SIXTEEN, de Annelise Heurtier


Baseada nos Nove de Little Rock (Arkansas), nos anos 50 en Estados Unidos, narra un mesmo feito, a integración dos rapaces de cor nos institutos do sur de EE:UU, dende as perspectivas de dúas rapazas de dezaseis anos, que pese a habitar na mesma cidade, viven mundos completamente distintos. Grace é unha rapaza de boa familia, cunha vida fácil e resolta, cuxo maior problema son os estudos, a súa apariencia e a popularidade. Por outra banda temos a Molly, que vive cada día as discriminacións típicas da época contra a xente negra, que ten que soportar ser menospreciada constantemente, e non ten permido mesturarse co resto da sociedade.

Sin embargo, están destinadas a coñecerse dende que Molly se presenta voluntaria para un proxecto, que trata de igualar a educación para ambos enviando a unha escola de brancos a un grupo de rapaces negros. Así, durante todo o verán, Molly, igual que o resto dos seus compañeiros sofre numerosos insultos e ameazas. Finalmente, a pesar de todos os esforzos de outra xente para evitalo, chegan á escola, pero incluso ahí sofren gran cantidade de abusos por parte dos seus compañeiros. Sin embargo, Molly é capaz de obter a forza necesaria para seguir adiante, pensando o gran paso que ese xesto significa para os seus dereitos e os de miles de persoas máis.

Pola súa parte, co comezo da escola, Grace segue coa súa vida cotiá, e intentando constantemente de conquistar ao irmán dunha das súas amigas. Eso sí, prestando atención ao mal trato que reciben os novos compañeiros, cousa que lle chama atención, pois a pesar do desprezo que lle foi inculcado, non é capaz de entender a qué se debe ese odio contra persoas que non fixeron nada malo. Segundo vai pasando a historia, e ao presenciar a situación tantas veces, decide apoiar á causa con pequenos xestos como unha sonrisa, ou tan só un simple hola, pero que leva a contraria aos pensamentos racistas do resto de persoas, pero ao final da historia sofre as consecuencias.

Este libro, que está baseado nunha historia real, fíxonos pensar que aínda hoxe moita xente sofre ataques racistas, únicamente debido á cor da súa pel. Pero, fai pouco máis de cincuenta anos, non se reducía aos ataques verbais, e a veces incluso físicos de certas persoas, senón que era un acoso e marxinación levado a cabo por todo o resto de persoas. Molly ensinanos o importante que é a loita polos dereitos e pola igualdade, ademáis dunha inxustiza que foi real fai tempo. Con Grace, decatámonos da importancia que ten un só xesto a favor dunha causa, e que o maltrato non debería ser aceptado contra ninguén, sin importar se é da nosa nacionalidade, xénero, cor de pel…


 Por Alba, 4º ESO

miércoles, 10 de enero de 2018

Consumir preferentemente, de Raúl Vacas

Consumir preferentemente, de Raúl Vacas, é un libro de poemas con temática amorosa. Os poemas, ambientados nun supermercado, divídese en seis seccións. En perecederos, non retornable, edulcorantes, conservantes e estabilizadores autorizados, degustación gratuíta, últimos días, liquidación de existencias os poemas son de amor. En caixa rápida, menos de 10 artígos, a temática varía, o autor quere evadirse do rexeitamento da amada. 
 A nós o libro gustounos moito, a temática amorosa é unha das nosas preferidas, e serviu para que vísemos que a poesía non é aburrida senón que pode ser divertida como amosan moitos destes poemas, por exemplo en “conserve el ticket” ou “la oferta del día”. 
Por Susana  (3º ESO)


POSTDATA


Aún sigo rebañando tu último beso.